VIII Travesía Solidaria pola ELA
VIII Travesía Solidaria pola ELA

VIII Travesía Solidaria pola ELA

MEMORIAL FRAN OTERO

  • Día: 5 de xaneiro de 2019
  • Hora de saída: 11:00 (Pendente de confirmación. Suxeito ao calendario de mareas)

Hora de saída: 11:00 (Pendente de confirmación. Suxeito ao calendario de mareas)

A VIII travesía a nado solidaria a favor de AGAELA 2019 está organizada pola Asociación Galega de Afectados de Esclerose Lateral Amiotrófica en colaboración co Clube Natación Liceo de A Coruña con dous obxectivos:

Recadar fondos para atender ás necesidades dos afectados de ELA e garantir a continuidade de AGAELA.

Facer visible a realidade que padecen estes enfermos e as súas familias para concienciar á sociedade da necesidade de apostar pola investigación para a obtención dunha cura.